Futuros estudantes

Futuros estudantes de grao

Información sobre titulacións, acceso, admisión e matrícula

Futuros estudantes de máster, doutoramento e estudos propios

Información sobre titulacións, acceso, admisión e matrícula 

Achégate á UDC

Destinatarios

A visita aos campus da Universidade da Coruña ten como destinatario o alumnado da ESO (de 3º e 4º), do bacharelato e da formación profesional.

Obxectivos

Con estas actividades preténdese que o futuro alumnado universitario coñeza da man do profesorado e do alumnado os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.

Período de solicitude

As datas de solicitude de Visita o teu Campus para o curso 2018/2019 estableceranse proximamente.

Visita o teu campus
A UDC visita os centros
  • Charlas xenéricas: Dirixidas fundamentalmente ao alumnado de 2º de bacharelato e de ciclos grao superior, aínda que tamén pode asistir o alumnado de 1º interesado.

    Temática destas charlas:
    • ABAU (acceso, admisión, preinscripción, matrícula).
    • EEES.
    • Bolsas e axudas para alumnado que inicie estudos universitarios (MEFP, Xunta e as propias da UDC).
    • Graos da UDC (os que son únicos no SUG, simultaneidade de graos, oferta de graos internacionais e oferta de graos co 40% de docencia en inglés)
  • Charlas informativas sobre as titulacións universitarias.

  • Charlas de divulgación científica.

Aqueles centros que desexen acoller unha destas actividades, poden solicitalo cunha antelación de dúas semanas no enderezo electrónico: sape.difusion@udc.es

Oferta académica

Actividades de extensión universitaria

Residencias e aloxamento