A Universidade da Coruña dispón nos Campus da Coruña e Ferrol dun Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE).
Este servizo ten, cando menos, as funcións seguintes entre outras:
- Informar sobre as características académicas dos estudos e sobre as súas saídas profesionais.
- Informar sobre o réxime de acceso e permanencia de estudantes na Universidade da Coruña.
- Informar sobre os dereitos dos estudantes e asesorar sobre o modo de exercelos e/ou reclamalos.
- Informar, a nivel xeral e nos Centros, das bolsas e axudas convocadas.
- Promover a creación de bolsas e axudas e propoñer á Xunta de Goberno as accións a levar a cabo en materia de bolsas, axudas e exencións.
- Asesorar na búsqueda de emprego.
- Asesorar na creación de empresas novas.
- Programas europeos.

