<![CDATA[UDC: RSS: Actualidade: PDI]]>https://www.udc.gal/gl/rss/fontesRSS/especificas/rss_actualidade_pdi_persoal.htmlFri, 22 Jun 2018 14:17:21 +0200<![CDATA[A UDC conta cunhas pistas de atletismo totalmente renovadas]]>A Coruña, 22 de xuño de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitarán m as pistas de atletismo da UDC no Estadio do Campus de Elviña, unha vez rematadas as obras de acondicionamento.

“Esta renovación despois de vinte anos supón poñer á disposición de toda a comunidade universitaria unhas instalacións de última xeración para quie os atletas poidas realizar as súas actividades dunha maneira adecuada, e tamén para todos os atletas da cidade”, manifestou o reitor, agradecendo tanto ao Concello da Coruña como a Deputación o financiamento da obra. Para o alcalde, esta obra é “un exemplo de colaboración entre as tres entidades para unha renovación moi necesaria das pistas”. “Isto vai permitir que os clubes de atlestismo teñan un lugar impecable para practicar todas as modalidades de atletismo que agardamos sexa un impulso para deporte na cidade”, destacou Ferreiro. Finalmente, o presidente da Deputación subliñou o “importante investimento para unhas instalacións moi deterioradas polo seu intenso uso, non polo abandono”. “Non tardamos nada en poñernos de acordo as tres institucións para facelo”, confesou González Formoso.

A Universidade da Coruña acometeu a renovación das pistas, por primera vez desde a súa construcción no ano 1999, co financiamento do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña, que aportaron 300.000 euros e 200.000 euros, respectivamente. As obras consistiron na renovación total das pistas de forma que se renovou todo o necesario para todas as disciplinas de atletismo, así como se mellorou a accesibilidade e interiores do complexo deportivo do campus.

Os traballos comezaron en setembro de 2017 e o seu prazo de execución viuse modificado polas precipitacións caídas que demoraron que se efectuasen as tarefas de pegado do novo pavimento e a extensión das resinas de regularización. As pistas do Estadio, propiedade da Universidade da Coruña, son as únicas existentes na cidade para a práctica de atletismo, polo que a UDC permitirá o seu uso aos clubes deste deporte con sede social na Coruña por un acordo co Concello. As pistas contan coa preceptiva homologación da Real Federación Española de Atletismo.

 

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/A-UDC-conta-cunhas-pistas-de-atletismo-totalmente-renovadas/https://www.udc.gal/gl/novas/A-UDC-conta-cunhas-pistas-de-atletismo-totalmente-renovadas/
Fri, 22 Jun 2018 14:15:37 +0200<![CDATA[A UDC acollerá o Campionato Galego de Atletismo]]>A Coruña, 22 de xuño de 2018.- A Sala de Prensa da Reitoría acollerá o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 12:00 horas, a rolda de prensa de presentación do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo ao Aire Libre que terá lugar nas pistas de atletismo do Estadio da Universidade da Coruña no Campus de Elviña.

O reitor, Julio Abalde; a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor; o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande; e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, explicarán os detalles do Campionato, que será a primeira actividade que acollan as pistas de atletismo da UDC despois da súa renovación, na que contou co apoio do Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/A-UDC-acollera-o-Campionato-Galego-de-Atletismo/https://www.udc.gal/gl/novas/A-UDC-acollera-o-Campionato-Galego-de-Atletismo/
Fri, 22 Jun 2018 14:12:42 +0200<![CDATA[O reitor recibe a alumnos da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas en Daca]]>A Coruña, 22 de xuño de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibirá o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 13:00 horas na Sala de Xuntas da Reitoría, nun acto aberto aos medios de comunicación, a estudantes da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas da Universidade de Daca (Bangladesh); xunto coa vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre; a directora da Cátedra e profesora da UDC, María José Martínez; e o subdirector da Cátedra e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago Fernández.

 

A Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas é o resultado do convenio asinado por Inditex, no marco da súa política de Responsabilidade Social Corporativa, e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Daca. Cada ano a Cátedra ofrece bolsas para que o alumnado amplíe os seus estudos do idioma en España; nesta edición virán cinco estudantes para realizar un curso intensivo de español en Santiago.

A Cátedra ten como obxectivo a promoción da lingua e a cultura españolas en Bangladesh a través de diversas actividades académicas e de difusión cultural, entre as que destacan os cursos anuais de lingua e cultura españolas, o programa de bolsas de mobilidade de estudantes e a organización de eventos artísticos de especial relevancia. Desde a súa inauguración en 2011, a Cátedra ofrece cursos de lingua e cultura españolas aos estudantes da Universidade de Daca e a calquera persoa interesada en aprender a lingua española. Nas súas instalacións no Instituto de Linguas Modernas do Campus da Universidade de Daca, a Cátedra organiza tamén diversas actividades culturais como ciclos de cine e conferencias.

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/O-reitor-recibe-a-alumnos-da-Catedra-Inditex-de-Lingua-e-Cultura-Espanolas-en-Daca-00002/https://www.udc.gal/gl/novas/O-reitor-recibe-a-alumnos-da-Catedra-Inditex-de-Lingua-e-Cultura-Espanolas-en-Daca-00002/
Fri, 22 Jun 2018 14:04:47 +0200<![CDATA[25 a 28 de xuño: Abertos prazos de matrícula e preinscrición]]>https://www.udc.gal/gl/novas/25-a-28-de-xuno-Abertos-prazos-de-matricula-e-preinscricion/https://www.udc.gal/gl/novas/25-a-28-de-xuno-Abertos-prazos-de-matricula-e-preinscricion/Fri, 22 Jun 2018 13:59:39 +0200<![CDATA[ O reitor recibe a alumnos da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas en Daca]]>A Coruña, 22 de xuño de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibirá o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 13:00 horas na Sala de Xuntas da Reitoría, nun acto aberto aos medios de comunicación, a estudantes da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas da Universidade de Daca (Bangladesh); xunto coa vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre; a directora da Cátedra e profesora da UDC, María José Martínez; e o subdirector da Cátedra e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago Fernández.

 

A Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas é o resultado do convenio asinado por Inditex, no marco da súa política de Responsabilidade Social Corporativa, e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Daca. Cada ano a Cátedra ofrece bolsas para que o alumnado amplíe os seus estudos do idioma en España; nesta edición virán cinco estudantes para realizar un curso intensivo de español en Santiago.

A Cátedra ten como obxectivo a promoción da lingua e a cultura españolas en Bangladesh a través de diversas actividades académicas e de difusión cultural, entre as que destacan os cursos anuais de lingua e cultura españolas, o programa de bolsas de mobilidade de estudantes e a organización de eventos artísticos de especial relevancia. Desde a súa inauguración en 2011, a Cátedra ofrece cursos de lingua e cultura españolas aos estudantes da Universidade de Daca e a calquera persoa interesada en aprender a lingua española. Nas súas instalacións no Instituto de Linguas Modernas do Campus da Universidade de Daca, a Cátedra organiza tamén diversas actividades culturais como ciclos de cine e conferencias.

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/O-reitor-recibe-a-alumnos-da-Catedra-Inditex-de-Lingua-e-Cultura-Espanolas-en-Daca-00001/https://www.udc.gal/gl/novas/O-reitor-recibe-a-alumnos-da-Catedra-Inditex-de-Lingua-e-Cultura-Espanolas-en-Daca-00001/
Fri, 22 Jun 2018 13:55:44 +0200<![CDATA[O reitor recibe a alumnos da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas en Daca]]>A Coruña, 22 de xuño de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibirá o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 13:00 horas na Sala de Xuntas da Reitoría, nun acto aberto aos medios de comunicación, a estudantes da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas da Universidade de Daca (Bangladesh); xunto coa vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre; a directora da Cátedra e profesora da UDC, María José Martínez; e o subdirector da Cátedra e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago Fernández.

 

A Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas é o resultado do convenio asinado por Inditex, no marco da súa política de Responsabilidade Social Corporativa, e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Daca. Cada ano a Cátedra ofrece bolsas para que o alumnado amplíe os seus estudos do idioma en España; nesta edición virán cinco estudantes para realizar un curso intensivo de español en Santiago.

A Cátedra ten como obxectivo a promoción da lingua e a cultura españolas en Bangladesh a través de diversas actividades académicas e de difusión cultural, entre as que destacan os cursos anuais de lingua e cultura españolas, o programa de bolsas de mobilidade de estudantes e a organización de eventos artísticos de especial relevancia. Desde a súa inauguración en 2011, a Cátedra ofrece cursos de lingua e cultura españolas aos estudantes da Universidade de Daca e a calquera persoa interesada en aprender a lingua española. Nas súas instalacións no Instituto de Linguas Modernas do Campus da Universidade de Daca, a Cátedra organiza tamén diversas actividades culturais como ciclos de cine e conferencias.

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/O-reitor-recibe-a-alumnos-da-Catedra-Inditex-de-Lingua-e-Cultura-Espanolas-en-Daca/https://www.udc.gal/gl/novas/O-reitor-recibe-a-alumnos-da-Catedra-Inditex-de-Lingua-e-Cultura-Espanolas-en-Daca/
Fri, 22 Jun 2018 13:54:02 +0200<![CDATA[Xornada de portas abertas nas Pistas de Atletismo do Campus de Elviña]]>Unha vez rematadas as obras de renovación e melloras nas Pistas de Atletismo do Estadio Universitario do Campus de Elviña, a Universidade da Coruña ten o pracer de convidar a todos os interesados á xornada de portas abertas, do 26 de xuño ao 7 de xullo no horario de apertura da instalación.

 

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/Xornada-de-portas-abertas-nas-Pistas-de-Atletismo-do-Campus-de-Elvina-00001/https://www.udc.gal/gl/novas/Xornada-de-portas-abertas-nas-Pistas-de-Atletismo-do-Campus-de-Elvina-00001/
Fri, 22 Jun 2018 11:52:38 +0200<![CDATA[Corrección de erros da Resolución definitiva Bolsas Santander Iberoamérica Grao 18/19]]>Corrección de erros da Resolución definitiva

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/Correccion-de-erros-da-Resolucion-definitiva-Bolsas-Santander-Iberoamerica-Grao-18-19/https://www.udc.gal/gl/novas/Correccion-de-erros-da-Resolucion-definitiva-Bolsas-Santander-Iberoamerica-Grao-18-19/
Fri, 22 Jun 2018 09:54:11 +0200<![CDATA[Conferencia de Xoán Carmona Badía na Cátedra Jorge Juan de Ferrol]]>O Patrimonio Industrial en Galicia. Situación e perspectivas

Día: martes 26 de xuño

Lugar: Sala Carlos III - Fundación Exponav, Cantón de Molins, s/n - Ferrol

Hora: 19.30 h

Conferenciante: Xoán Carmona Badía

xoan_carmona

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/Conferencia-de-Xoan-Carmona-Badia-na-Catedra-Jorge-Juan-de-Ferrol/https://www.udc.gal/gl/novas/Conferencia-de-Xoan-Carmona-Badia-na-Catedra-Jorge-Juan-de-Ferrol/
Fri, 22 Jun 2018 09:19:53 +0200<![CDATA[Sétima resolución de adxudicatarios do Programa de Bolsas Santander Crue-Cepyme]]>Sétima resolución de adxudicatarios do Programa de Bolsas Santander Crue-Cepyme, Prácticas en Empresas 2017/2018

]]>
https://www.udc.gal/gl/novas/Setima-resolucion-de-adxudicatarios-do-Programa-de-Bolsas-Santander-Crue-Cepyme/https://www.udc.gal/gl/novas/Setima-resolucion-de-adxudicatarios-do-Programa-de-Bolsas-Santander-Crue-Cepyme/