Textos dramáticos no parladoiro

ISBN: 978-84-9749-896-8 |  2025 |  17x21cm | P.V.P.: 21 euros

Idioma: galego

colección: Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, n.º 75

autoría: Laura Tato

Neste volume a autora recolle cincuenta e catro pequenos textos dramáticos publicados por Ramón Otero Pedrayo na sección "Parladoiro" do xornal compostelán La noche entre 1946 e 1949, completando, desta maneira, a nómina da produción teatral do autor ourensán. Entre elas figuran cinco que levan por título "Teatro de máscaras" e que non foran recollidos por Aurora Marco en Teatro ignorado (1991). Acrecéntanse á relación outros cuarenta e nove textos dialogados que, consonte aos criterios de radical modernidade do teatro oteriano, deben ser considerados dramáticos.