Sonia Souto; Luz González; Asenet López; Ana Lista
Manuais; 37
2018 (reimpresión) | 108 pp. | 240x170 mm | ISBN: 978-84-9749-655-1 | 17 €
Esta guía recolle doce prácticas de fisioterapia respiratoria dirixidas á formación de estudantes universitarios e fisioterapeutas titulados. Aparecen estruturadas nas súas diversas fases de execución, con anotacións específicas sobre o material e o tempo requiridos, os obxectivos perseguidos, e os procedementos que se deben seguir na valoración e na intervención fisioterapéuticas. Ademais, acompáñase cada unha dunha breve bibliografía e de numerosos gráficos e imaxes orientadores.