No litoral Galego desenvolvéronse actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar, condicionados dende o inicio polas peculiaridades xeográficas e climatolóxicas da súa localización, que deron lugar a una “cultura” característica.
O Plan pretende analizar dende unha perspectiva científico - didáctica as conexións e as transferencias destas comunidades litorais e do seu patrimonio, que creceron mantendo en equilibrio o ecosistema costeiro tradicional. Un instrumento capaz de favorecer a xestión integral, a posta en valor e a activación da cultura marítima.