A totalidade das manifestacións culturais (construcións, obxectos e creacións inmateriais) é o que se considera como un sistema ou conxunto de gran valor histórico e patrimonial a preservar e no que avanzar ao futuro. Un patrimonio ligado ao mar que explica a transformación do territorio e do modo de vida da xente do mar, da súa construción social e cultural ao longo do tempo, e da evolución dos seus oficios e técnicas.
O obxectivo xeral do Plan é a preservación e activación da cultura marítima galega.