Durante o primeiro semestre do ano 2022 realizouse un proceso participativo o longo da costa galega en forma de mesas participativas, que xeraron unha reflexión conxunta da cultura marítima dende diferentes perspectivas.
O Foro debate da Cultura Marítima é un espazo de intercambio e discusión onde expoñer ideas e reflexións sobre o sector, ademais de coñecer outras realidades e tecer redes de apoio. Cada experto preparou unha breve exposición da súa experiencia e puntos destacados das mesas participativas.
O evento foi gravado e retransmitido en directo para facelo máis accesible aos invitados que non puideron achegarse ao evento en Vigo e demais interesados no Foro.
Presidente da Asociación Mar de San Ciprián, directivo GALP A Mariña Ortegal e organizador de numerosas exposicións museísticas máis procesións e encontros de embarcacións tradicionais.
Licenciado en Matemáticas pola USC e profesor de secundaria en activo. Membro da xunta directiva da Asociación Cultural Mar de Muros e presidente de Culturmar dende 2020.
Escritor e investigador. Delegado provincial da Real Liga Naval Española e directivo do GALP Costa da Morte.
Directora do Museo Massó. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Mestre carpinteiro de ribeira, experto en patrimonio marítimo flotante e presidente fundador de AGALCARI.
Doutor en bioloxía. Foi director do Museo do Mar de Galicia de 2002 ata 2011. Director do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, así como coordinador da frota oceanográfica do IEO.