Política de privacidade

En atención ao cumprimento en materia de protección de datos e en particular polo recolleito no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, os datos de carácter persoal solicitados serán tratados conforme á devandita lexislación pola Universidade da Coruña.

A finalidade do tratamento é a xestión de usuarios para a contestación das suxestións realizadas. Para os que se solicitarán as categorías de datos relativas á identificación da persoa, incluíndo o nome e de contacto, onde se incorporará o e-mail do usuario, o teléfono ou o fax, ou ben o enderezo postal en atención á vía de contestación pola que se opte. O tratamento levado a cabo responde exclusivamente os fins establecidos anteriormente e correspondentes aos que lle foron requiridos, procedendo os datos do interesado e estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar as presentes condicións.

Os ditos datos non serán transferidos a terceiras persoas sen o correspondente consentimento previo, nin fóra dos casos expresamente previstos na lexislación de protección de datos.

Igualmente informámolo de que os seus datos serán conservados durante o tempo que dure a relación establecida coa entidade ou ata que exercite os seus dereitos de baixa ou supresión.

Vostede ten dereito a lle solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a se opoñer ao devandito tratamento, así como a solicitar, agás casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Poderá exercer estes dereitos por medio dunha solicitude remitida ao seguinte enderezo: R/ Maestranza 9, 15001, A Coruña ou ao correo electrónico secretariaxeral@udc.gal, coa referencia «protección de datos», a través dun escrito asinado para o efecto xunto cunha fotocopia do seu DNI. Tamén poderá dirixir a solicitude directamente ao delegado de protección de datos cuxa identidade e datos de contacto son Pintos & Salgado Abogados S.C.P., avda. de Arteixo, 10 – 1º esq., 15004 A Coruña (España), teléfono: 981227076, correo-e dpd@udc.gal

Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.