Unha ponte de colaboración entre a universidade e o tecido produtivo

As Oficinas de Transferencia de Coñecemento (OTC) son axentes clave na conexión entre as entidades xeradoras de coñecemento e o sector produtivo, como elemento esencial para incrementar as capacidades innovadoras españolas e aumentar o seu impacto no crecemento e no benestar social.

Sobre nós - Oficina de Transferencia de Coñecemento

 

 

As OTC teñen encomendada a misión de dinamizar as relacións entre os axentes do sistema, a través das seguintes funcións:

  • A protección dos resultados de I+D+i mediante títulos de propiedade industrial e intelectual, ou outras modalidades de protección.
  • A explotación de resultados de investigación, invencións e novas tecnoloxías a través de calquera tipo de contrato que implique a transmisión do seu uso ou titularidade a terceiros.
  • A investigación colaborativa entre entidades públicas e privadas, así como a contratación de servizos de I+D+i e tecnolóxicos.
  • A promoción da creación de entidades baseadas no coñecemento.
  • A difusión social do coñecemento.

A nosa oficina foi acreditada oficialmente como Oficina de Transferencia de Coñecemento ao abeiro do Real Decreto 984/2022, reforzando así o noso papel como axentes clave na transferencia de coñecemento e na valorización da I+D+i dentro do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.