Doutoramentos Industriais (DI)

O doutoramento industrial é unha modalidade de formación investigadora que permite ao estudantado de doutoramento desenvolver a súa tese en colaboración cunha empresa ou entidade, pública ou privada, sobre un proxecto de interese común. Trátase dunha ferramenta estratéxica de transferencia de coñecemento que favorece a conexión entre o mundo académico e o empresarial.

 

Esta modalidade fomenta a incorporación de talento investigador ás organizacións, ao tempo que permite aos grupos de investigación da UDC traballar en retos reais do sector produtivo. Ao longo do proceso, a persoa doutoranda conta cunha dirección académica, por parte da universidade, e cunha titoría na empresa ou entidade colaboradora.

Axudas Doutoramentos Industriais (DI) 2025 da Axencia Galega de Innovación

Información xeral

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19/07/2025 ao 18/08/2025
  • Prazo interno de presentación na UDC (persoal investigador): do 19/07/2025 ao 14/08/2025

O programa financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía (solicitante), e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo máximo de 4 anos.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención
  • Orzamento total: 2.625.000 €
  • Alcance previsto: 15 teses de doutoramento na contorna empresarial, 12 realizadas en empresas e 3 en centros de innovación e tecnoloxía

Consulta na web da Axencia Galega de Innovación toda a información resumida e actualizada sobre o programa DI 2025.

Información relevante