Crea unha cátedra universitaria

As cátedras universitarias son un instrumento de colaboración estable entre a UDC e empresas, entidades ou institucións. A través desta figura é posible promover a investigación, a formación, a transferencia de coñecemento e a divulgación, cun apoio sostido no tempo e beneficios comúns para ambas partes.

Dende a OTC coordinamos as Cátedras da UDC

  • A Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC) é a unidade responsable da coordinación e xestión das cátedras institucionais da Universidade da Coruña.
  • Centralizamos o asesoramento, o apoio nos trámites administrativos e o acompañamento durante todo o proceso de creación e seguimento das cátedras.
  • Calquera entidade interesada en formalizar unha cátedra na UDC debe contactar coa nosa oficina, como punto de referencia único para iniciar e canalizar a colaboración.

Información clave

Unha cátedra universitaria é unha colaboración estratéxica entre a UDC e unha entidade externa, xa sexa pública ou privada. O seu obxectivo é fortalecer a investigación, o ensino e a transferencia de coñecemento nunha área de interese común. Ao contrario doutros formatos de colaboración, as cátedras están deseñadas para manterse no tempo e permitir unha acción continuada.

Para a UDC, unha cátedra garante financiamento estable para a investigación e fomenta a colaboración con actores estratéxicos. Para as entidades colaboradoras, permite achegarse ao talento universitario, promover a innovación e fortalecer a súa responsabilidade social corporativa. Ademais, as achegas poden beneficiarse de incentivos fiscais.

Existen dous tipos principais:

  • Cátedras institucionais: promovidas por organismos públicos.
  • Cátedras de empresa: vinculadas a sectores específicos de actividade dunha entidade privada.

Tamén existen as Aulas Universitarias, que se centran en formación e divulgación, sen incluír I+D+i.

Unha cátedra pode financiar e organizar:

  • Becas, premios e contratos predoctorais e postdoctorais.
  • Prácticas de estudantes e proxectos fin de grao/máster.
  • Xornadas, conferencias e publicacións.
  • Investigación aplicada en colaboración.
  • Actividades de divulgación científica e tecnolóxica.

As empresas ou entidades interesadas deben contactar coa UDC para valorar a súa viabilidade e proceso de creación. A iniciativa tamén poder partir dun membro do persoal docente e investigador da UDC cunha ligazón permanente e que teña relación coa área da cátedra.

Se tes interese en crear unha cátedra universitaria, o primeiro paso é contactar connosco, a OTC, para estudar a proposta, definir obxectivos e establecer as bases do convenio de colaboración.

Normativa e procedementos