Protocolo fronte ao acoso sexual

No marco do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade da Coruña 2013-2017 sinálase a necesidade de adoptar medidas tendentes á prevención e eliminación de calquera manifestación de violencia de xénero ou acoso que poida producirse no eido da universidade.
É por tal motivo que se procedeu á elaboración deste protocolo de actuación, co obxecto de implantar unha política específica a sobre violencia de xénero a través da formación, a información e a sensibilización de todos os membros da comunidade universitaria, así como de poñer en marcha os mecanismos precisos para tramitar, e no seu caso resolver, as reclamacións ou denuncias presentadas polas vítimas coas debidas garantías.

 

Achegamos unha pequena guia editada pola Universidade da Laguna para detectar o acoso sexual e acoso sexista na universidade:

 

Correo electrónico  confidencial:

Si eres vitima ou coñecedora de algún caso de acoso sexual ou por razón de sexo podes denuncialo ante a Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero a través do correo electrónico  directora.oix@udc.es