De xeito periódico, a OCPI organiza ciclos formativos orientados fundamentalmente ao desenvolvemento de capacidades e competencias do persoal que conforma a comunidade investigadora da UDC
O obxectivo da formación impartida pola OCPI é o de potenciar a carreira científica en Galicia, completando a formación do novo persoal investigador, de xeito que estén preparados para liderar nun futuro a súa propia liña de investigación. Tamén se ofertan cursos dirixidos a mellorar a capacidade para identificar e aproveitar oportunidades de financiamento, familiarizar ao novo persoal investigador cos programas europeos e impulsar a mobilidade do persoal investigador en etapa temperá, dando a coñecer as principais ferramentas de apoio na UDC e por parte doutras entidades.
A OCPI, xunto co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), elaborou unha formación conxunta dirixida ao persoal investigador, tanto predoutoral como posdoutoral, co obxectivo de adquirir unhas competencias transversais que serán vitais no desenvolvemento da súa carreira profesional.