Unha das actividades que recolle o proxecto STARS4UDC é a de creación do Programa UDC-Connect. Esta é unha iniciativa destinada a integración de persoal de investigación internacional que se una á nosa universidade. Este programa asignará a cada novo membro un/unha compañeiro/a de ruta voluntario/a do persoal da UDC que actuará como guía e fonte de apoio durante o período inicial de adaptación na UDC e nas cidades da Coruña ou Ferrol.
O obxectivo principal do Programa UDC-Connect é facilitar a integración e adaptación do persoal de investigación internacional á súa nova contorna académica e social. Os obxectivos específicos inclúen:
Se es novo persoal de investigación na UDC, enche este formulario para optar aos servizos do programa UDC-Connect
Se xa es membro da UDC e queres actuar como compañeiro/a de ruta, enche este formulario