InTalent

O programa propio da UDC para a captación de talento

InTalent UDC-Inditex é un programa da Universidade da Coruña co apoio da empresa Inditex para a contratación, durante un período máximo de tres anos, de investigadores postdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional. A través de InTalent búscase a xeración, retención, recuperación e captación de talento investigador co obxectivo de crear tecido científico e investigador de excelencia.

O programa diríxese a científicos e científicas de calquera nacionalidade cun mínimo de tres anos de experiencia postdoutoral, dous anos de experiencia internacional en centros de I+D, unha traxectoria investigadora excelente e capacidade de xerar coñecemento novo.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DE INTALENT