ERC Grants

O principal obxectivo do Consello Europeo de Investigación (ERC) é fomentar a investigación de alta calidade en Europa financiando proxectos a longo prazo mediante convocatorias competitivas.

O programa persegue innovacións de alto risco e alto beneficio en calquer campo de investigación, sendo a excelencia científica o único criterio de avaliación. Deste modo, espérase que a investigación financiada polo ERC leve consigo avances signficativos nas fronteiras do coñecemento.

O ERC establece convocatorias cunha periodicidade anual. Existen tres esquemas de financiación individual (Starting, Consolidator e Advance Grants), un esquema de subvención para grupos (Synergy Grant) e un esquema (Proof of Concept) para explorar o potencial de comercialización ou social dos resultados obtidos no seo dun proxecto ERC. 

Máis información

As ERC Grants apoian a investigadores individuais de calquera nacionalidade e idade que desexen continuar a súa investigación en Ciencia Excelente

Starting Grants (StG)

As Starting Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 2 e 7 anos e que estean empezando a súa propia liña de investigación independente e queiran formar o seu propio equipo.

Consolidator Grants (CoG)

As Consolidator Grants están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes en posesión do título de doutor cunha antigüidade de entre 7 e 12 anos e que estean consolidando o seu propio equipo e liña de investigación independente. 

Advanced Grants (AdG)

As Advanced Grants (AdG) están deseñadas para apoiar a investigadores excelentes sénior con polo menos 10 anos de experiencia postdoutoral e que presenten propostas innovadoras, ambiciosas e na fronteira do coñecemento.

Synergy Grants (SyG)

As Synergy Grants convócanse co obxectivo de apoiar a un pequeno grupo, conformado como mínimo de 2 IP e máximo de 4, para que traballen conxuntamente en proxectos de investigación e aúnen forzas na resolución de problemas.

Proof of Concept (PoC)

Ofrece apoio a proxectos xa financiados polo ERC, buscando achegar ao mercado (buscando o seu aproveitamento comercial) ou a sociedade os resultados da investigación anteriormente financiada. Poden solicitar esta convocatoria os IP que sexan ou foran beneficiarios dunha ERC StG, CoG, AdG ou SyG ata un ano antes da data de publicación da convocatoria ERC PoC.