Convocatorias Autonómicas

Existen convocatorias en Galicia que permiten a persoal investigador, sen importar a súa nacionalidade, desenvolver os seus proxectos en institucións como a Universidade da Coruña. A través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, existen diversas convocatorias e programas únicos co obxectivo de atraer talento investigador de excelencia. Desde a OCPI, ofrecémosche asesoramento especializado, resolveremos as túas dúbidas e acompañarémoste na preparación da túa solicitude. 

Desde a OCPI axudámoste a preparar a túa proposta para as seguintes convocatorias:

Axudas de Apoio á Etapa Postdoutoral

É un programa de axudas para a contratación de doutores, destinada á adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor a través dunha estancia no estranxeiro de entre 20 e 24 meses, así como para a creación de liñas de propias e impulso da súa estabilización laboral nunha universidade galega. A duración global da axuda é dun máximo de 6 anos e está destinada a persoal investigador cunha experiencia postdoutoral non superior aos 5 anos.

Máis información

Proxectos de persoal investigador con Traxectoria Excelente

Dentro da convocatoria de Consolidación e estruturación de unidades de investigación da GAIN, existe unha modalidade C destinada ao financiamento de proxectos de excelencia. O obxectivo é axudar a aquel persoal investigador que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. As axudas son por un período de 4 ou 5 anos. É necesario ser beneficiario dunha axuda Starting Grant do ERC ou dunha Ramón y Cajal para poder optar a esta convocatoria.

Máis información

Programa Oportunius

O Programa Oportunius ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso ás mesmas. 

O fin último é facilitar a estabilidade do mellor persoal investigador galego e atraer outro persoal científico excelente fóra de Galicia.

O programa ofrece un itinerario deseñado á medida de tres perfís:

  • Gañadores ERC. Paquete de axudas complementarias ao financiamento europeo, a través da opción a un contrato de persoal investigador distinguido e de recursos económicos para apoiar a súa actividade investigadora.
  • Finalistas ERC. Apoio económico e servizos de formación, asesoramento e revisión de propostas para aumentar as garantías de éxito nas seguintes convocatorias do ERC.
  • Candidatos ERC. Formación e asesoramento experto ao persoal investigador distinguido cun alto potencial e unha carreira investigadora prometedora para que participen nas convocatorias do ERC. 

Máis información