CURSOS DE VERÁN 2017

UN CEO DE CIENCIA

14 e 15 de setembro de 2017

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 11 de setembro de 2017

Horas de duración: 15

Lugar de realización

Universidade Senior, edificio de Apoio ao Estudo. Campus de Esteiro - Ferrol

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Grados, Másteres e Universidade Senior

Coordinación

Dirección: Xavier Fonseca Blanco
Secretaría: Ana M. González Tizón
Entidades colaboradoras

Unidade de Divulgación Científica e Cultural.

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade, persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Facultade de Ciencias,
A Zapateira, 15071 A Coruña
divulgacion.vepeu@udc.es
Tel. 881 012 045

Resumo do curso:

Coñecer e entender a orixe dos diferentes fenómenos atmosféricos e acceder ás ferramentas que permiten predicir o tempo. Informar sobre o Cambio Climático, que está a mudalo todo, é un dos retos principais que afronta a nosa civilización. Para comprender os fenómenos naturais que se producen na Terra é imprescindible saber como se formou o noso planeta, que tipo de mundo é ou que papel xoga na inmensidade do Cosmos. A historia da astronomía e tamén a do ceo estrelado que observamos cada noite, así como a dos científicos que conseguiron, ao longo dos séculos, descifrar os misterios que agocha o Universo. A misión deste curso de verán é tratar de transmitir a través de clases teóricas e prácticas unha serie de coñecementos básicos sobre meteoroloxía e astronomía. Tamén, pór a disposición dos alumnos unha serie de instrumentos para realizar unha predición do tempo así como saber interpretar o ceo nocturno.

Pautas de matrícula.

Matrícula.