CURSOS DE VERÁN 2015

XI CURSO DE VERÁN SOBRE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, TRABALLANDO EN LINGUA, MUDANZAS E AFIANZAMENTOS LINGÜÍSTICOS NA MOCIDADE

8, 9 e 10 de xullo

PROGRAMA

Prazo de matrícula: ata o 2 de xullo

Horas de duración: 20

Lugar de realización

Fórum Carballo
R/ do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Concello de Carballo
 

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: Segundo o acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando estes foren de 20 ou máis horas lectivas.

Perfil preferente do alumnado: Persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística e no proceso de dinamización da lingua galega: técnicos/as de normalización lingüística e de cultura; dinamizadores/as socioculturais; estudantado, profesorado, membros de asociacións, docentes, animadores, etc.

Coordinación

Dirección: Marisol Ríos Noya

Secretaría: Nel Vidal Barral

Entidades colaboradoras

Secretaría Xeral de Política Lingüística




Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC, Persoas desempregradas, Socios/as da CTNL

Información:

Servizo de Normalización Lingüística.

Maestranza, 9 (Reitoría)

Tel. 981 167 000 ext. 1042/1055/1177

 snl@udc.es

Resumo do curso:

Analizaranse factores, motivos, razóns ou condicionantes que provocan os cambios e os afianzamentos de lingua na adolescencia e modcidade ou que fan que o uso do galego estea en descenso na mocidade. Daranse a coñecer e avaliaranse experiencias positivas para mellorar o uso e o prestixio do galego na xente nova. Proporanse medidas de intervención que melloren o uso e o prestixio da lingua nos e nas adolescentes e na xente moza.

Pautas de matrícula

Matrícula

          Prezo reducido

          Prezo xeral