Voluntariado para a reparación da charca do Monte da Fraga

28/04/26 12:12

  • Medio ambiente

O vindeiro xoves, 7 de maio, terá lugar unha actividade de voluntariado ambiental no Monte da Fraga, para a reparación da charca construída ao abeito de Charcas con vida, para a mellora da biodiversidade da contorna. Con estas accións, contrubúese ao seu mantemento para albergar fauna e flora diversa e propia de ecosistemas húmidos. 

O programa é o seguinte:

  • Hora e Punto de encontro: ás 16:00 h, na porta da Facultade de Ciencias (A Zapateira).

  • Hora estimada de remate: 18:00 h.

Actividade suxeita ao recoñecemento de créditos para o estudantado da UDC (1C=20h. dedicación).

As prazas son limitadas, é necesario anotarse no seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

 

Actividade monitorizada pola Asociación ecoloxista ADEGA, e  financiada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, no marco do convenio sectorial de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña e a Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña para a execución do proxecto de custodia e voluntariado ambiental no Monte da Fraga, no ano 2026. 

INSCRICIÓN

 Cartaz da actividade

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade