No marco do Encontro UDC Conecta con clústeres galegos, celebrado o pasado 28 de novembro de 2025, presentamos a folla de ruta de traballo conxunto entre a UDC e os clústeres galegos, na que se incluía a organización de visitas aos nosos centros de investigación e ao SAI.
En desenvolvemento desta folla de ruta, organizamos o seguinte ciclo de visitas:
Todas as visitas comezarán ás 10:00 h, terán unha duración aproximada de 2 horas e media e incluirán un café networking.
O obxectivo é presentar, de maneira directa e aplicada, as capacidades científico-tecnolóxicas da UDC e explorar oportunidades de colaboración.
Para asistir, é necesario que cada persoa participante (tanto do propio clúster como das entidades asociadas ás que se faga extensiva a invitación) cubra individualmente o formulario de inscrición:
https://forms.office.com/e/Weg8Nm0byX?origin=lprLink
Publicado por: Oficina de Transferencia de Coñecemento