A poetisa irlandesa Maighread Medbh, grazas ao programa POLDRA, programa promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña, e en colaboración co Instituto Universitario Amergin, relatou o proceso de creación do seu último libro coa conferencia “Posthumanist Intimations: The Limits of Nostalgia”, unha reflexión que combinou literatura, pensamento crítico e unha ollada ao futuro dende a memoria.
O Director do Instituto Universitario Amergin, David Clark, fixo a introducción á conferencia na que a escritora, facendo uso das súas coñecidas interpretacións poéticas, fixo partícipe á audiencia presente involucrándoa na lectura dos seus poemas.
Maighread Medbh foi gañadora do premio Ruadh Ó Domhnaill International Poetry Award que lle permitíu realizar unha residencia literaria na cidade da Coruña durante o mes de setembro na Residencia 1863.

O Director do Instituto de Investigación Amergin, David Clark, facendo entrega dun agasallo a
Maighread Medbh.

Maighread Medbh e David Clark

Maighread Medbh, Mon Rivas da Residencia literaria 1863 e o profesorado da UDC:
David Clark, Miguel Giraldez, María Jesús Lorenzo, José Manuel Estevez e Aoileann Lyons.
Publicado por: Instituto Universitario de Estudos Irlandeses, Amergin