Toma de posesión do catedrático Luis José Fernández Rodríguez

Nota de prensa

13/05/19 13:32

  • Institucional

A Coruña, 13 de maio de 2019.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión de Luis José Fernández Rodríguez como catedrático de Universidade, da área de coñecemento de Zooloxía, do departamento de Bioloxía.

O novo catedrático é coordinador da unidade de investigación Recursos Bentónicos Mariños.

No acto de toma de posesión estaban tamén o secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, ademais de compañeiras docentes da Facultade de Ciencias na que Fernández Rodríguez imparte docencia.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC