SEMANA POLOS DEREITOS HUMANOS NOS CAMPUS DE FERROL

5/12/19 10:55
  • Actividade ou evento

Programación completa da SEMANA POLOS DEREITOS HUMANOS que celebraremos en distintos centros, facultades e escolas dos campus de Ferrol (Esteiro e Serantes), e en colaboración con asociacións, movementos sociais e ONGD do 9 ao 13 de decembro.

A "Semana polos Dereitos Humanos" contempla palestras, exposición fotográfica, videoforum, debates, xogos e dinámicas participativas... Todas as actividades están abertas á comunidade universitaria e á sociedade no seu conxunto, e son de balde.

Iniciaranse o luns 9 de decembro coa presentación da exposición "Hazme visible" ás 12.00 h no 1º andar do Centro Cultural Universitario do campus de Esteiro. Esa mesma tarde, ás 18.30, proxectarase o documental "Made in, made for" sobre a industria textil, que contará coa participación (vía videoconferencia) do seu director Jon Kareaga.

O martes 10, Día Mundial dos Dereitos Humanos haberá actividade pola mañá no campus de Esteiro coa dinamización de xogos e dinamicas por parte do voluntariado do proxecto de sensibilización da OCV a partir das 11.00 h, e pola tarde, ás 19.30 h, teremos unha palestra na Escola Universitaria Politécnica de Serantes a cargo de Teresa Huete e Basilia Palma, activistas da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento AHJASA http://ahjasa.org/.

O mércores 11 teremos unha nova palestra a cargo de María Bañón dos movementos Fridays for Future e Extinction Rebellion ás 18.00 h na sala multiusos do Centro Cultural Universitario do campus de Esteiro.

 

A exposición "Hazme visible" poderá visitarse ata o día 20 de decembro no 1º andar do Centro Cultural Universitario.

 

Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado