Ruta a pé. Lago das Encrobas

11/03/24 12:30

  • Estudantado Cultural e social Deportivo pas Pdi
UDC Rutas a pé

Dentro do bloque de actividades denominado "UDC Rutas a pé", desde a Área de Deportes organizamos pequenas rutas, de dificultade baixa ou moderada cunha duración aproximada de 3 ou 4 horas polos diferentes concellos das nosas comarcas, informámosvos da seguinte edición programada.

 

Data da actividade: sábado 23 de marzo

Esta nova ruta, correspondente ao mes de marzo, organizamos a ruta Lago das Encrobas, concello de Cerceda . Nesta ocasión trátase dunha ruta de dificultade baixa cunha duración total aproximada de 4 horas. 

A nosa actividade comezará no Museo da Minaría de Meirama, onde realizaremos unha visita guiada á primeira hora.

O horario da actividade será de 10:00 a 14:00 

 

inscrición para esta actividade estará aberta a partir dos seguintes días:

  • Membros, e familiares, da comunidade universitaria da UDC, a partir do mércores 13 de marzo ás 08:30
  • O resto dos colectivos poderán facelo a partir do mércores 20 (no caso de quedar prazas libres)

A oferta será de 35 prazas.

 

Preme AQUÍ para coñecer os detalles da ruta

Máis información e inscricións

Publicado por: Servizo de Deportes