Os ROTEIROS PARA FERROLANEAR son una serie de propostas desde a UDC para coñecer e disfrutar camiñando da cidade e a súa contorna.
Este més a proposta é adentrarse un pouco máis na parroquia de Esmelle, da man de Pablo Torrella, membro da Sociedade Galega de Historia Natural, e descubrir o río Roxedoiro, desde o seu nacemento até a súa desembocadura .
Durante o percorrido, visitaranse diferentes muiños, fontes e lavadoiros. Tamén haberá tempo para identificar a flora palustre (típica das lagoas) e o bosque ripario (das ribeiras do río).
Saída: Praza de Canido|Fronte ao Museo da Natureza
Duración: 5,3 km. Dificultade: Baixa
Prezos: 3€ Comunidade Universitaria, persoas xubiladas ou paradas e menores de 12 anos
5€ Prezo normalizado
8€ Bono familiar
22.XUÑO|10:00-13:00H
INSCRICIÓN PREVIA CULTURA.FERROL@UDC.ES ABONO NO BANCO
INCLÚE TRASLADO IDA E VOLTA EN BUS
25 PLAZAS
Centro Cultural Universitario|Campus de Est 881013697|cultura.ferrol@udc.gal

Publicado por: Cultura