“Proxecto Europeo TIC Tac +55”: Convocatoria dunha Mobilidade de Formación a Sastamala (Finlandia).
A Universidade Sénior da Universidade da Coruña participa como membro dun Consorcio de cinco Programas Universitarios para Maiores do estado español no proxecto “TIC Tac +55”, un proxecto de mobilidade para a formación do persoal docente de educación de adultos (KA 104) dentro do programa Erasmus+ da Unión Europea.
A primeira das mobilidades para a formación do persoal docente da Universidade Sénior consiste na participación nun curso titulado “Senior’s Life Skills and ICT” que será impartido no Sastamala Community College de Finlandia. O obxectivo do curso “Senior’s Life Skills and ICT”, que será impartido en lingua inglesa, é facilitar aos docentes dos PUM participantes, unha formación práctica para o ensino do uso de dispositivos como móbiles ou tablets ás persoas maiores na súa vida cotiá, a través de diferentes aplicacións, utilizando técnicas de aprendizaxe personalizada e promovendo un uso responsable das TIC.
Os docentes da Universidade Sénior interesados/as en participar deberán solicitar a súa participación antes do 9 de setembro, dacordo coas seguintes bases: Convocatoria-Mobilidade a Finlandia_TICTac+55_2017.
Publicado por: Universidade Senior