A Coruña, 18 de setembro de 2023.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e as vicerreitoras de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía; e de Igualdade, Cultura e Deporte, Cristina López Villar; presentarán mañá, martes, 19 de setembro, en rolda de prensa a Xornada de Benvida ao alumnado e o Ola UDC Fest.
O acto de presentación será na Sala de Prensa da Reitoría ás 11:00 horas.
A Universidade da Coruña organiza unha xornada de benvida nos campus da Coruña e de Ferrol para o alumnado este xoves, 21 de setembro, que culminará cun concerto no campus de Elviña.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC