Este obradoiro práctico de asertividade e habilidades sociais, forma parte do Curso de Formación Básica en Voluntariado. Será impartido de xeito presencial.
Data: 14/03/2024
Lugar: Seminario Fernández De Rota. Facultade de Socioloxía.
Horario: 10:00-14:00h
Contidos:
Introducir dun xeito básico os estilos de comunicación. De xeito específico, incidir no estilo de comunicación “asertivo” na relación de axuda. Transmitir e ensinar a asertividade dunha forma dinámica e participativa, utilizando técnicas como xogo de roles, etc.
Traballar as habilidades sociais explorando os seus compoñentes. Traballar comportamentos, pensamentos, que poidan levar a
resolver unha situación social de xeito efectivo. Ensinar as habilidades sociais dun xeito dinámico, facendo fincapé na participación do alumnado neste bloque.
Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado