O reitor da UDC, Ricardo Cao, membro do comité Permanente da CRUE tras ser designado delegado para a Ciencia Aberta

Nota de prensa

2/12/25 8:18

  • Institucional

A Coruña, 2 de decembro 2025.- O reitor da UDC, Ricardo Cao, incorpórase ao Comité Permanente da CRUE como delegado da Presidencia deste organismo para a Ciencia Aberta. Unha área desde a que a Conferencia de Reitores quere impulsar mecanismos para avanzar na implantación da ciencia aberta.

Así mesmo, a Comisión Sectorial Crue-Docencia, vén de incorporar ao  vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, Moisés Canle, no seu Comité executivo.  A dita comisión, creada no ano 2019, ten como fin coordinar as liñas relacionadas coa ordenación docente das universidades españolas e está formada polos máximos representantes con competencias neste ámbito.

Entre as súas actividades atópase estudar, debater e elaborar propostas no eido da política universitaria en todo aquilo relativo á calidade docente, á ordenación de títulos propios e á regulación das ensinanzas online.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC