O reitor abre a xornada de avaliación do Campus Industrial de Ferrol

Nota de prensa

15/09/23 14:04

  • Institucional

Ferrol, 15 de setembro de 2023.- A sala de xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol acollerá este luns, 18 de setembro, ás 9:00 horas, o acto institucional de benvida aos participantes na xornada de avaliación do Campus Industrial de Ferrol (CIF).

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibirá ao secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e ao coordinador da comisión avaliadora, Javier Rey, entre outras autoridades.

O Campus Industrial de Ferrol está en proceso de renovación da súa acreditación pola Xunta de Galicia como campus especializado. No seu momento, o CIF foi o primeiro campus galego en conseguir esta acreditación. Ao longo do luns e o martes, a comisión avaliadora manterá diversas reunións de traballo e visitará varios dos centros do campus ferrolán para elaborar o seu informe.

 

 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC