A Coruña, 26 de setembro de 2023.- O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) acollerá o mércores, día 27 de setembro, en horario de 9:45 a 13:30 horas, a xornada de actualización de novidades das ferramentas de software VMware e vSAN organizada por Vmug, a comunidade de técnicos relacionada con tecnoloxías de virtualización de Vmware.
O evento dará inicio ás 9:45 horas, co acto de benvida ás persoas asistentes, para ás 10 dar paso á primeira charla da man de VMware. A continuación, expertos da empresa HP abordarán a temática da importancia da protección de datos para calquera organización.
Depois dunha breve pausa, será a quenda de Inditex, que impartirá unha conferencia sobre a tecnoloxía de virtualización como parte de Inditex Platform.
Ás 13:30 horas está previsto o remate da xornada de traballo e a continuación terá lugar un tempo de networking.
A comunidade de técnicos Vmug retoma con esta cita a organización de eventos presenciais tras o parón provocado pola COVID-19.
Máis información:
https://my.vmug.com/s/community-event?id=a1Y4x000002l7czEAA.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC