A Coruña, 9 de decembro de 2022.- O CITIC da UDC captou fondos por valor de 1,7 millóns de euros a través de dúas convocatorias de proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital e de innovación do Plan Estatal de Investigación Científica 2021-2023. Concretamente foron dez os proxectos seleccionados, na súa maioría parte pertencentes á area de Intelixencia Artificial, que abordarán solucións tecnolóxicas para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras, o diagnóstico de enfermidades e o tratamento de pacientes ou algoritmos de selección de características verdes, entre outras.
Así, nove iniciativas do CITIC resultaron beneficiarias da convocatoria de Proxectos Orientados á Transición Ecolóxica e a Transición Dixital, que ten como finalidade fomentar as actividades de I+D+i para incrementar a competitividade e o liderado internacional da ciencia e a tecnoloxía a través da xeración de coñecemento científico mediante unha investigación de calidade. Os proxectos seleccionado foron:
Tecnoloxías intelixentes en oftalmoloxía
Pola súa banda, na convocatoria de proxectos “Prueba de Concepto”, tamén do Plan Estatal de Investigación, Científica e de Innovación, resultou beneficiario o proxecto de Marcos Ortega sobre “Melloras no diagnóstico e investigación clínica mediante tecnoloxías intelixentes aplicadas a imaxe oftalmolóxica”. A investigación, que parte dos resultados dun proxecto de I+D anterior RTI2018-95894 que finaliza este ano, desenvolveu e validou metodoloxías para o diagnóstico e caracterización de patoloxías maculares baseadas no análise automático de imaxes multimodais, principalmente retinografía, OCT y OCT-A. Precisamente, estes métodos son obxecto agora da “Prueba de Concepto” co fin de transferilos ao mercado e a sociedade nunha forma axeitada de uso. Así mesmo, permitirá integrar no Sistema de Saúde unha ferramenta informática de diagnóstico precoz de patoloxía ocular, mellorando a calidade de vida dos pacientes e aforrando custes no seu tratamento e seguimento.
Sobre o CITIC
O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade.
Na actualidade, o CITIC está acreditado como Centro de Investigación de Galicia. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico‚ a innovación e unha investigación de calidade.
Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que o centro promove accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC