O CITEEC lanza o concurso fotográfico CITEEConto... o que vexo! sobre Edificación e Enxeñaría Civil

Nota de prensa

17/07/25 11:46

  • Institucional
  • O CITEEC pon en valor a Enxeñaría Civil e a Edificación cun concurso fotográfico aberto a toda a comunidade.

 

A Coruña, 17 de xullo de 2025.- O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña, dentro do programa do seu 25 aniversario, lanza un concurso fotográfico co obxectivo de recoñecer a transcendencia da Enxeñaría Civil e da Edificación no mundo: CITEEConto... o que vexo!

Nesta liña, o tema principal do concurso é Edificación e a Enxeñaría Civil en calquera dos seus ámbitos e permite total liberdade estética e conceptual. Contará con tres premios:

  • Un primeiro premio de 600 euros
  • Un segundo premio de 300 euros
  • Un terceiro premio de 150 euros

Ademais do premio económico, os gañadores dos concursos serán galardoados cunha figura conmemorativa e un diploma.

Pode participar calquera persoa maior de 18 anos que sexa residente en España coa presentación dun máximo de 3 fotografías inéditas, se ben non poderá recibir máis dun premio. Consulta nesta ligazón toda a información e as bases do concurso.

O prazo de presentación das obras permanecerá aberto dende hoxe ata o venres 12 de setembro de 2025.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC