Métodos de estudo

8/09/25 16:56

Novo centro de interese na biblioteca

Marco: Inicio do curso académico 2025/2026

Datas: desde o 5 de setembro

Contido: Con motivo do inicio do novo curso académico, a Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica organiza unha exposición destinada a apoiar o proceso de aprendizaxe do seu alumnado.

A mostra está composta por dúas seccións complementarias:

  • Xunto á porta de entrada poderá atopar unha selección de libros sobre métodos e técnicas de estudo, pensados para mellorar a planificación, a organización do tempo e a preparación académica.

  • No primeiro andar exponse unha compilación de diccionarios especializados no léxico da construción, de especial utilidade para os estudos no ámbito da arquitectura técnica.

A exposición tamén está dispoñible en formato dixital:

Publicado por: Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica