A Coruña, 25 de outubro de 2021.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión de Manuela del Pilar Santos Pita como decana da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, no Campus Industrial de Ferrol.
Manuela Santos, que renova a confianza do seu centro para afrontar o segundo mandato, conforma equipo decanal con Elena Alfaya e Miguel Luaces como vicedecanos, e Pilar Comesaña como secretaria da Facultade, que tamén asistiron á toma de posesión.
No acto desta mañá estaban presentes así mesmo o secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez; o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, e a secretaria do decanato, Juana Cacharrón.
A decana aproveitou o acto para agradecer ao seu equipo o traballo realizado e asegurou que afronta o novo mandato con gañas e ilusión. Pola súa banda, o reitor tivo palabras de recoñecemento da responsabilidade por asumir o cargo en momentos complicados, non só pola pandemia senón tamén pola situación complexa da xestión docente actual.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC