Data e hora: 7 de xuño, de 11 a 13:30 horas.
Lugar: Cala de Bens (A Coruña)
Punto de encontro: aparcadoiro situado ao lado da praia.
Unha nova convocatoria para a limpeza do lixo na praia de Bens.
O obxectivo que nos move é chegar a recuperar a praia de Bens para o disfrute da cidadanía. Facemos un chamamento a todas as persoas dispostas a colaborar neste proxecto: atallar na súa orixe a contaminación ambiental que está a padecer a fermosa cala de Bens.
Contaremos co soporte loxístico da Concellería de Medio Ambiente do concello da Coruña.
Inscricións en oma2@udc.gal (Asunto: limpeza praias. Indicando: nome, apelidos e NIF)
Para mais información:
Mar de Fábula: 608 609 042
OMA: 981 167 000 Ext.5626
Publicado por: Oficina de Medio Ambiente