Onte inaugurouse no Salón de Actos Concepción Arenal, o I Congreso de Enfermaría "Cuidando a conCiencia", dirixido a estudantes de enfermaría e a profesionais do ámbito sanitario e organizado pola asociación de estudantes da Facultade de Enfermaría e Podoloxía "Enfermería en Acción"
Na mesa de inauguración contaron coa presenza do Alcalde do Concello de Ferrol, D. Jorge Juan Fernández Suárez, do Director de Procesos de Enfermaría da EOXI de Ferrol, D. Luis Arantón Areosa, da Decana da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Dna. Natalia Sobrido Prieto e do Presidente da Asociación de Enfermería en Acción, D. Antonio Sanjuán Baltar.
O Director de Enfermería SUMMA 112-Madrid, D.Jose Luis Pérez Olmo, deu comenzo ao Congreso coa Conferencia Inaugural "La gestión del conocmiento por los líderes organizacionales: una herramienta del presente, con la vista puesta en el futuro"
Ao longo de dous días, en xornada de mañá e tarde fóronse abordando numerosos temas de interese para a Enfermaría, que completáronse con formación a través de obradoiros específicos.
Desde a Facultade de Enfermaría e Podoloxía desexamos felicitar aos nosos estudante polo traballo realizado.

Publicado por: Facultade de Enfermaría e Podoloxía