Os días 11 e 12 de setembro de 2024, celebrarase no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña o Encontro de Investigadoras e Investigadores en Psicoloxía Educativa.
Este evento é unha oportunidade excepcional para que profesionais e académicos do campo da Psicoloxía Educativa compartan os seus coñecementos, experiencias e avances recentes. Contaremos con ponencias que abordarán unha amplia gama de temas relevantes para a investigación e a práctica neste ámbito.
A continuación, detállase o programa do evento. Por favor, consultádeo para coñecer os horarios das distintas actividades e planificar a vosa participación.
Para calquera consulta relacionada co evento, non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico: grupo.giped@udc.es
Programa do evento e inscrición
Publicado por: Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa