A Biblioteca Universitaria vén de adquirir Deepl, un tradutor que permite traducir textos e arquivos a múltiples idiomas.
A versión da Biblioteca Universitaria é a starter, que inclúe:
- Tradución de textos ilimitada a 32 idiomas (sempre dentro dun uso razoable)
-
Tradución de arquivos. A Biblioteca Universitaria ten unha bolsa de traducións de artigos de 250 por mes para todas as bibliotecas. Os arquivos poden ocupar un máximo de 10 Mb. Poden ser en formato PDF, Word (.docx), PowerPoint (.pptx).
-
Posibilidade de crear un glosario con 5.000 entradas.
O PDI debe dirixirse á súa biblioteca de centro para facer uso dos seus servizos. Enviará o texto indicando o idioma ao que o quere traducir. Unha vez procesado, a Biblioteca enviará o texto traducido.
A Biblioteca Central atenderá as peticións dos PAS, bibliotecas e Reitoría. Estas solicitudes deben ser dirixidas ao correo adquisicions.biblioteca@udc.es.
Como as licenzas son limitadas, as solicitudes serán atendidas por estrito orde de chegada.