Cursos de lingua galega para PDI - 2024

16/09/24 8:34

Convocatoria de dous cursos de formación en lingua galega para o persoal docente e investigador da Universidade da Coruña.

  • Curso de Actualización de Competencias Lingüísticas, destinado a quen posúa un certo dominio da lingua e precise ampliar e asentar conceptos.
  • Curso Superior de Competencias Lingüísticas, destinado a quen pretenda profundar no idioma para acadar coñecementos de nivel avanzado

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. O número máximo de prazas dispoñibles é de 80 (40 por curso).

A orde de recepción das solicitudes aplicarase como criterio de selección se houbese máis solicitudes que prazas.

Duración

Os cursos, cunha duración de 30 horas comezarán o día 14 de outubro e desenvolveranse a través do Campus Virtual da UDC, ao longo de nove semanas, ata o día 15 de decembro.

 

Formulario de inscrición

 Texto íntegro da convocatoria

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística