Cursos de formación en lingua galega para PDI - 2025

7/07/25 9:44

Convocatoria de tres cursos de formación en lingua galega para o persoal docente e investigador da Universidade da Coruña.

  • Curso Básico de Aproximación á Lingua Estándar, destinado ao profesorado cun nivel básico do idioma que non utiliza habitualmente a lingua galega e desexe achegarse ao seu coñecemento.
  • Curso de Actualización de Competencias Lingüísticas, destinado a quen posúa un certo dominio da lingua e precise ampliar e asentar conceptos.
  • Curso Superior de Competencias Lingüísticas, destinado a quen pretenda profundar no idioma para acadar coñecementos de nivel avanzado

Solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 22 de xullo a través deste formulario.

O número máximo de prazas é de 105 (35 para cada un dos niveis).

Duración

Os cursos teñen unha duración de 30 horas e desenvolveranse do 22 de setembro ao 23 de novembro, en liña a través do Campus Virtual da UDC.

 

Formulario de inscrición

 Texto íntegro da convocatoria e programas dos cursos

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística