Convocatoria de matrícula dos obradoiros do 1º cuadrimestre do curso 2021/2022

9/09/21 9:53

  • Obradoiro

Matrícula aberta desde o 14 de setembro

Ofertanse obradoiros de 15 e de 30 horas. Os que se cursarán en liña serán realizados a través do Campus Virtual e de Microsoft Teams. Podes matricularte nos seguintes obradoiros:

Obradoiros presenciais en NORMAL:

Obradoiros presenciais no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro (Ferrol):

Obradoiros en liña:
 
Información sobre a matrícula:
 
O prazo de matrícula rematará o 26 de setembro de 2021. A matrícula farase en liña.
 
As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en "comunidade universitaria", para os membros dos diferentes colectivos da UDC, ou en “persoas externas”, para o público xeral. O colectivo "persoas externas" deberá introducir os seus datos se ten unha conta xa creada. De non tela, é preciso premer en "crear unha nova conta" e encher o formulario que aparecerá, finalizando o proceso de rexistro premendo en "rexistrar". Logo do proceso de rexistro, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.
 
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chega a cinco persoas.
 
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 23/12/2020)
 
Importante:
 
Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.
 
As persoas desempregadas ou que tiveren acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán enviar ao correo electrónico normal@udc.es (ou no seu caso ao correo cultura.ferrol@udc.es) previamente á súa matriculación, a documentación que acredite a súa situación. Unha vez recibida e validada daránselles as instrucións necesarias para formalizar a matrícula.
 
Para resolver calquera incidencia, deberase comunicar a mesma ao correo normal@udc.gal ou a través dos teléfonos 881014502 ou 881014518 en quenda de mañá ou no 881014511 en quenda de tarde. Para os ofertados en Ferrol o correo para incidencias é cultura.ferrol@udc.gal e o teléfono 881013697. De ser precisa atención presencial, deberase solicitar cita previa comunicándoo ao enderezo electrónico ou teléfonos indicados anteriormente.
 
Logo Deputación

Publicado por: Cultura