Convocatoria bolsas másteres universitarios oficiais na UDC, curso 2019/2020

Convocatoria
12/12/19 0:00
  • Bolsas propias Estudantado

A Universidade da Coruña e o Banco Santander convocan bolsas de renovación e nova adxudicación para a realización de estudos de másteres universitarios oficiais na UDC, destinadas ao alumnado matriculado en másteres no curso 2019-2020.

O importe máximo para cada bolsa será de 2132,00 € segundo o seguinte:

  • Bolsas de nova adxudicación: contemplan os prezos públicos da matrícula de 60 créditos en primeira matrícula e máis un fixo de 250€.
  • Bolsas de renovación: contemplan os prezos públicos consonte ao número de créditos matriculados e máis un fixo de 4,2€ por crédito matriculado.

Debes revisar a convocatoria para coñecer polo miudo os requisitos para solicitala, os criterios de selección, o réxime de incompatiblidades, obrigas e incumprimento e o resto das bases polas que se establece o procedemento para o desenvolvemento desta convocatoria.

As persoas solicitantes de nova adxudicación que realizaran os estudos que lle deron acceso ao máster na UDC, deberán presentar a súa solicitude sen achegar documentación. O resto das persoas deben achegar a documentación que se establece na convocatoria.

As persoas solicitantes de renovación soamente deben presentar a súa solicitude sen achegar documentación.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 13/12/2019 e remata o día 31/01/2020

Unha vez revisada a convocatoria, a ligazón donde debes presentar a túa solicitude é:

http://bolsas.udc.es

Revisa aquí a convocatoria

Publicado por: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria