A Rede Galega de Cooperación ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca a cuarta edición do Concurso de vídeos “Móvete polos ODS”, co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...
Prazo de presentación das solicitudes ata as 23:59h. do 3 de outubro de 2025.
Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado