Comeza o proceso de inscrición e matrícula do curso 2024-2025 na Universidade Sénior

31/05/24 12:38

O vindeiro sábado, 1 de xuño de 2024, ábrese o prazo de inscrición e matrícula para o curso 2024-2025 no programa de Graduado Sénior, nos programas de formación específica para alumnado egresado e, dentro das actividades complementarias, nos Talleres.

A partir do vindeiro sábado, 1 de xuño de 2024, será posible realizar o proceso de inscrición e matrícula en diferentes ofertas formativas da Universidade Sénior para o curso 2024-2025.

En todos os casos, tanto o trámite de preinscrición (solicitude de praza) como o de matrícula deberán ser realizados on-line e dacordo ás normas establecidas na Convocatoria de Admisión e Matrícula nos Programas Formativos 2024-2025 da Universidade Sénior da Universidade da Coruña.

Deste xeito, o alumnado de novo ingreso poderá formalizar a súa solicitude de praza para 1º curso no programa de "Graduado Sénior" , a través da seguinte ligazón: PREINSCRICIÓN , entre o 1 e o 30 de xuño de 2024. O día 1 de xullo celebrarase o sorteo de prazas e ao día seguinte, o 2 de xullo, ás 14 horas, serán publicadas as listas de admisión e de agarda.

O alumnado de continuidade poderá realizar a súa matrícula para continuar os seus estudos nos cursos 2º, 3º e 4º no seguinte prazo: do 1 ao 15 de xuño, a través da seguinte ligazón: MATRÍCULA

Tamén entre o 1 e o 30 de xuño, poderán formalizar a súa inscrición nos Programas de Formación Específica, aquel alumnado que, logo de ter cursado o programa de “Graduado Sénior pola Universidade da Coruña”, desexen cursar algún destes programas:

O sorteo público de prazas en ambos programas terá lugar o día 1 de xullo, para logo seren publicadas as listas de admisión e agarda ao día seguinte, 2 de xullo, ás 14 horas.

O alumnado do Graduado Sénior así como o xa egresado, poderán tamén solicitar praza nos diferentes Talleres que son ofertados nos Campus da Coruña e Ferrol. Entre o 1 e o 30 de xuño, a través das seguintes ligazóns: PREINSCRICIÓN TALLERES A CORUÑA ou PREINSCRICIÓN TALLERES FERROL , poderán realizar a súa inscrición, celebrándose logo o sorteo de prazas o día 1 de xullo e publicándose as listas de admitidos e admitidas en cada un dos Talleres, no día seguinte, 2 de xullo, ás 14 horas.

 

Mais información e asistencia á matriculación nas Secretarías da Universidade Sénior:

 

Universidade Sénior. A Coruña
Edificio Normal - Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña
Teléfono: 881014507
secretaria.senior.coruna@udc.es

Solicitude de cita previa

Universidade Sénior. Ferrol
Edificio de Usos Administrativos (1º andar)
Campus de Esteiro
15403 Ferrol
Teléfono: 981 337 400. Extensión: 3631
secretaria.senior.ferrol@udc.es

Solicitude de cita previa

Publicado por: Universidade Senior