A próxima semana (13 – 15 de novembro), a Facultade de Turismo recibirá a visita dos responsables de Recursos Humanos e Xestión de Talento de diferentes empresas do sector turístico e grupos hostaleiros. Presentarán as súas compañías, programas de prácticas, vacantes, destinos e condicións ofertadas.
Salón de Graos da Facultade de Turismo:
Tras as charlas estarán á vosa disposición para que poidades entregar en man o CV e manter unha entrevista na que comentar preferencias de destino, departamento ou intereses concretos para a realización das súas prácticas tanto curriculares como extra curriculares.
Animámosvos a asistir ás charlas para coñecer as oportunidades que existen no mercado, recibir orientación de fronte ao futuro e descubrir cales son os perfís profesionais que demanda o sector, ademais de poder manter un contacto directo cos reclutadores das empresas máis importantes do turismo.
Publicado por: Facultade de Turismo