CONVOCATORIA DE PRENSA
ACTO: CITIC Cyber Competition – C3TF
HORARIO: Mércores 29 de marzo, de 15:20 a 20:30 h
LUGAR: Sala Cloud do CITIC (Campus de Elviña, s/n, A Coruña)
Evento híbrido con retransmisión a través da canle de Youtube do CITIC
Celebración da CITIC Cyber Competition – C3TF
A Coruña, 28 de marzo de 2023.- O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acollerá o mércores 29 de marzo o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición de ciberseguridade organizada polo CITIC da Universidade da Coruña, en colaboración con Atlanttic da Universidade de Vigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e que conta co apoio da Facultade de Informática da UDC e o Master Inter-Universitario en Ciberseguridade (MUNICS).
O evento está destinado a estudantes co obxectivo de que practiquen e desenvolvan as súas habilidades no ámbito da seguridade Informática. Máis de 120 participantes organizados en 32 equipos resolverán retos de ciberseguridade e optarán a tres premios: o primeiro premio de 1000 €, o segundo premio de 700 € e o terceiro premio de 300 €. O C3TF celebrarase simultaneamente no CITIC da UDC e en AtlanTTic da UVigo, e tamén haberá participantes conectados en liña.
PROGRAMA
15:20 h – 15:50 h.- Mesa de apertura:
15:50 h – 20:00 h.- Desenvolvemento da competición: Os equipos participantes deberán resolver diferentes retos de ciberseguridade.
20:00 h – 20:30 h.- Entrega de premios e clausura:
20:30 h.- Petisco.
Sobre o CITIC
O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade.
Na actualidade, o CITIC está acreditado como Centro de Investigación do Sistema Universitario Galego (CIGUS). A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico‚ a innovación e unha investigación de calidade.
Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que o centro promove accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC