Actos de celebración do Día das Letras Galegas na Universidade Sénior

7/05/24 11:32

Os días 16 e 21 de maio, a Universidade Sénior da Universidade da Coruña celebrará o Día das Letras Galegas 2024 con actos na Coruña e Ferrol

A Universidade Sénior, o programa universitario para adultos maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, celebrará o Día das Letras Galegas con actos programados nas súas sedes da Coruña e Ferrol, os días 21 e 16 de maio, respectivamente.

No campus da Coruña, o espazo Cubo de Normal (Paseo de Ronda, 47), acollerá o seguinte programa de actividades o día 21 de maio, martes:

10:30 Conferencia “Luísa Villalta, todas as artes son amigas” a cargo de Pilar García Negro e Marica Campo

12:00 Concerto “Villalta con Música”, a cargo da soprano Esperanza Mara

A entrada é libre ata completar aforo

Cartel DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023 - A Coruña - Maio(1)

No campus de Ferrol, o acto terá lugar o día 16 de maio, a partir das 12:30 horas, no Salón de Actos do Campus de Esteiro, cun Recital de Poesía Galega en homenaxe a Luisa Villalta organizado polo Club de Lectura da Universidad Sénior, coordinado por Antonio Polo, en colaboración con Almudena Otero, profesora do Departamento de Letras da UDC, no que se fará unha lectura de fragmentos de poemas de Luísa Villalta por parte dos participantes.

Cartel recital poesía 12.30

 

Ante calquera dúbida, contactar coas Secretarías da Universidade Sénior:

A Coruña:

Email: secretaria.senior.coruna@udc.gal
Tlf. 881014507

En horario de 9:00 a 14:30

Ferrol:

Email: secretaria.senior.ferrol@udc.gal
Tlf. 881013639

En horario de 9:00 a 14:30

 

Publicado por: Universidade Senior